Carreira Batalla de Cacheiras 2015

Desta vez tocou carreira preto e despraceime ata Teo onde se disputaba a Carreira Batalla de Cacheiras, unha carreira de 11 km onde o perfil é duro ao principio con constantes subidas e que a partir do km 5 xa e máis cómodo.
O obxectivo ía ser intentar subir ao podio por categoría xa que cando se cerrou a inscrición vin que podía haber algunha opción de conseguilo se todo ía ben e pasei todo a semana posiblemente motivado para conseguilo. Tras apenas quentar púxenme o máis adiante que puiden para non ter que escalar moitas posicións e despois de gardar un minuto de silencio por Suso Alonso deuse a saída. 
Arranquei cun ritmo alto para que non se me escapara moito o grupo de cabeza, xa que aínda que me colocara adiante, o meu non son as saídas e sempre perdo bastantes postos por intentar non tropezar cos demais corredores. Sabía que os primeiros km eran maiormente subida polo que intentei manter ese ritmo elevado e despois das subidas ver como me sentía e seguir apertando ou manter o ritmo. 
Cando se acabaron as pendentes fortes polo km 5 aproximadamente sentíame cómodo con ese ritmo por detrás tiña marxe e aos que levaba por diante estaban preto pero tiña medo de forzar moito e arruinar a carreira por calquera molestia, decidín manter o ritmo un pouco máis e a ver se os de adiante afrouxaban un pouco pero non foi así, as veces acercábame a eles pero cando intentaba darlles caza eles volvían subir o ritmo e foime imposible contactar con eles, polo que dende o km 5 ata acabar a carreira estiven sempre na mesma posición. 
No último km intentei forzar un pouco máis por se daba chegado pero a volta que ai que dar arredor do patio do colexio de Teo o terreo de terra non era o propio para facer un bo sprint e polo visto tamén se me da mal xirar cara a dereita.
O final o resultado e obxectivo foi conseguido, posición 14º de 173 e 3º da categoría, pero como os premios non son acumulativos tocoume a 2º posición da categoría, con un tempo de 41:49 o que supón un ritmo de 3:48 min/km. 
Primeira vez* que subo a un podio individualmente xa que fai dúas semanas acadamos a 2º posición por equipos en Padrón.
En resumen, un carreira dura en canto ao recorrido xa que estás constantemente subindo ou baixando tanto por asfalto como por terra pero boa carreira e organización para o ano se todo vai ben seguramente volva repetir e intentar mellorar o resultado.

*Teño dous segundos postos na Carreira Solidaria da Bandeira pero non hai podio polo que está é a primeira vez que subo.

Tamén che pode gustar:

0 comments