III Carreira Popular da Richada

Desta vez despraceime ata Forcarei onde se disputaba a III Carreira Popular da Richada e que transcorría por un circuíto ao que teríamos que dar unha volta pequena e tres voltas grandes ata completar os 7,5 km aprox. O obxectivo será o de mellorar o tempo do ano pasado que está en 30:24 minutos e intentar que non me pase o do ano pasado onde a última volta a din con flato e perdín moito tempo e posicións. 
Unha vez chegados a Forcarei, vin as saídas das categoría inferiores, recollín o dorsal e xa nos preparamos para comezar a quecer mentres saudaba a compañeiros das carreiras. Durante o quecemento notei algo raro o estómago como con moito movemento e comecei a pensar que o ía pasar mal durante a carreira.
Xa colocados na saída deuse o inicio a proba, comecei forte para poder marca o meu ritmo pronto, aínda así os outro corredores tamén saíron forte e na primeira volta, a pequena que non tiña a pendente importante, parecíame que eu ía despacio e que non dan alcanzar nin adiantar a outros corredores.

Xa na primeira das voltas grandes e coa costa que máis impón do circuíto, empecei a recortar metros e cada vez me atopaba mellor tanto de pernas como de cabeza polo que seguín tirando cada vez máis xa que seguía recortando posicións e sentíndome mellor.


A última volta creo que foi a máis rápida que din, despois de subir a costa, empecei a tirar máis forte, a iso de 1 km para a meta estaba colocado detrás dun compañeiro de carreiras e preparei un ataque dende 200m onde fixen un gran sprint e el tamén pero que ao final gañei eu e incluso lle saquei 7 segundo de vantaxe, supoño que el desistiu e eu como non mirei atrás seguín tirando ata cruzar a meta, moi satisfeito por gañar o sprint e polo tempo que marcara.

O final posto 13º de 134 e 7º da categoría con un tempo de 27:41 o que equivale un ritmo de 3:41 min/km. Os obxectivos finalmente cumpridos xa que conseguín baixar a marca persoal desta carreira en 2:43 minutos respecto ao ano pasado e con moi boas sensacións durante a carreira, ata se me fixo corta e fixen un gran sprint final para gastar forzas.

Resumindo, carreira dura con subidas e baixadas fortes, moi ben organizada, bo trato ao corredor o único pero as duchas só había auga fría e nalgún punto do circuíto facía falta un pouco máis de luz pero polo demais todo perfecto, para o ano seguramente volveremos a repetir e a seguir mellorando.
PD: Fotos cortesía de Fotocarlosgrafías e Organización da carreira. Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments