II Carreira Nocturna Solidaria de Vedra

Primeira proba do ano, toca correla na casa e ademais por unha boa causa. Desprázome ata Vedra onde se ía celebrar a II Carreira Nocturna Solidaria Concello de Vedra, sobre unha distancia de 6,5 km e o percorrido sería o mesmo que na primeira edición. 

Os obxectivos serían principalmente axudar xa que a carreira é solidaria e o prezo da inscricións que son alimentos non perecedoiros, irán destinados as familias que os precisen do concello, ademais intentarei mellorar o tempo do ano pasado que está en 34:00 minutos e se damos chegado ao podio moito mellor. 

Unha vez cheguei, fun recoller o dorsal e deixar os alimentos, logo de saudar a coñecidos, xa me fun preparar para poñerme a quecer porque ía co tempo xusto. 
Este ano, a diferenza co anterior, sitúome algo máis atrasado para non ir tirando forte dende o principio e gardar forzas para a zona da subida.



Tras darse a saída arranco con precaución coma sempre e tras os primeiros 150 metros, xusto diante miña vexo como cae unha corredora, polo que me paro a axudar, aínda que non fixo falta miña axuda porque xa había máis corredores axudando, polo que volvo a centrarme na carreira. Quedo algo atrasado e decido comezar a tirar forte para recuperar as posicións perdidas pero sabendo que tiña que gardar algo para a subida. 


Puxen velocidade de cruceiro e sentíame moi cómodo, chegamos a subida e comezo a tirar un pouco máis durante o tramo de subido de 1km aprox. e gaño moitas posicións (parece que os adestramentos comezan a facerse visibles). 
Tras acabar a subida, o terreo xa sería todo favorable polo que tocaba estar a fondo seguido. Un corredor venme seguindo dende que se acabara a subida e adiántame polo km 5, baixando xa que as baixadas non son o meu forte. 


Cando acaba a baixada volvo pasalo e aumentar o ritmo para sacar unha diferenza e ir máis tranquilo pero el, pensando que xa estabamos chegando a meta aperta máis e cando ve que aínda quedaba un km aprox. para chegar vese obrigado a afrouxar e é cando eu decido tirar e deixar todo o que me quedaba, aínda así na recta de meta tiven que sprintar un pouco para asegurar a posición xa que non mirei cara atrás para saber onde viña.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 14º de 267.
  • Posición categoría: 7º.
  • Tempo: 23:37 minutos.
  • Ritmo: 3:39 min/km.
Os obxectivos cumpridos, aínda que non logrei chegar ao podio, baixei 23 segundos o tempo do ano pasado, igualando posición polo que este ano había máis nivel, con moi boas sensacións e sentíndome forte durante toda a carreira.

En canto a carreira, para min todo perfecto nada que envidiar as carreiras grandes de Galicia e ademais esta é solidaria 100% e eses churros con chocolate do final veñen moi ben para recuperar! O único pero que lle poría sería que ao haber tantas cousas para sortear, a cerimonia fíxose moi larga e había que estar esperando a ver se nos tocaba algo pero da carreira todo perfecto.



🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Juan Carlos Mosquera Dopazo .......... 21:28
  2. Alejandro Pesado Fernández ............. 21:46
  3. César Otero Pereira ............................ 22:07
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Marinela Mayo Caamaño .................. 25:30
  2. Tania Silvelo Pallin ............................ 27:40
  3. Natalia Seoane Otero ......................... 27:52
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía do Concello de VedraErik de LIMIACTIVA e TARTARUGAS. Moitas grazas!!! 

Tamén che pode gustar:

0 comments