VI Cross dos Menhires

Seguimos coa preparación dos campionatos de cross, por iso fago unha primeira toma de contacto co campo a través e me desprazo ata A Coruña onde se disputaba o VI Cross dos Menhires sobre unha distancia de 6,15 km co percorrido nas inmediacións da Torre de Hércules ao que teríamos que dar tres voltas.

Os obxectivos serán os de adaptarme un pouco as zapatillas de cross que aínda que estea adestrando con elas en competición lévase outro ritmo e hai que mirar como responden e desfrutar da carreira xa que vai ser a primeira vez que dispute esta proba.

Unha vez conseguimos chegar a Torre de Hércules, foi cambiarse rápido, poñer o dorsal e ir correndo para a saída porque xa estaba todo listo para dar a saída. Dez segundos despois de colocarnos na saída da comezo a proba e aínda que intentei colocarme adiante para levar un bo ritmo, cando se comeza a estreitar o percorrido comezan as aglomeracións e non dou avanzado por ningún lado, por sorte un compañeiro dime que o siga que me abre el camiño e así fago o primeiro km perseguindo ao compañeiro e gañando moitas posicións ata que comeza a haber máis espazo e comezo a marcar o meu ritmo.


A primeira das voltas fágoa en 7:23 minutos que equivale a un ritmo de 3:36 min/km aprox. demasiado ben para os atrancos do primeiro km aínda que despois estiven tirando bastante para ir recuperando terreo.


A segunda das voltas intento ir máis rápido coa estratexia de intentar coller ao seguinte corredor, sen reservar nada para a última volta, así sigo gañando bastantes posicións e fago esta segunda volta en 7:10 minutos que supón un ritmo de 3:30 min/km aprox.


Na última volta aínda que intento manter o ritmo da última volta, comezo a notar o esforzo das voltas anteriores ao estar tirando seguido e aínda que gaño un par de posicións, xa non me notaba tan ben e os últimos metros xa fun controlando de que o que viña por detrás non me collese e aínda que tiña cerca gañar outra posición non fixen por sprintar e conformeime co resultado.
Esta última volta fágoa en 7:20 minutos que equivale a un ritmo de 3:35 min/km aprox.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 40º de 232.
  • Posición categoría: 13º
  • Tempo: 22:25 minutos
  • Ritmo: 3:40 min/km
Os obxectivos cumpridos xa que a pesar de chegar xustos e facer a carreira sen quecer, puiden facer unha boa carreira e adaptándome ben aos cravos para os campionatos. Sorprendeume o ritmo que levei e desconfío de que estivera ben medido pero bueno, as sensacións foron bastantes boas e con ganas de facer un bo papel no Campionato Galego de Cross Largo e Corto das próximas semanas.

En canto a carreira a localización da carreira é perfecta para desfrutar do entorno o único que notei en falta foi un peza de froita ao rematar a proba pero polo demais conforme, xa que non suelo utilizar outros servizos como o gardarroupas dos que moitos se queixan.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Esteban Iglesias Vila .............. 18:57
  2. Juan Bueno Losada ................ 19:01
  3. Iván Docampo González ........ 19:07
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Iria Fernández Fontenla .......... 23:28
  2. Inés Papín Estévez .................. 25:09
  3. Uxía García Díaz .................... 25:27

Tamén che pode gustar:

0 comments