XVII Cross Popular de Boborás

Tocou desprazarse ata Boborás onde se disputaba a XVII Cross Popular Concello de Boborás, sobre unha distancia de 7,4 km e no que o percorrido sería o mesmo que nas últimas edicións.

Os obxectivos serían intentar rebaixar o meu tempo nesa carreira conseguido o ano pasado e que está en 30:19 minutos, tamén intentarei facer a carreira por debaixo dos 4:00 min/km e para iso terei que marcar un tempo final inferior a 29:36 minutos e por suposto desfrutar da carreira a pesar de que se espera bastante frío.

Unha vez chegamos, o prognóstico de frío foi acercado, xa que o coche marcaba -2 e estaba todo conxelado. Como fun con tempo, tiven tempo de tomarlle un té para espantar un pouco o frío mentres esperaba a hora de cambiarse e poñerse a quecer. Chegado o momento póñome a quecer ben porque o frío apertaba.
Cando fomos chamados, colócome na saída na zona media cara adiante, xa que ía intentar ir de menos a máis porque na segunda metade de carreira hai bastante subida.


Dáse a saída e arranco ben pero con precaución porque a 100 metros da saída o camiño facíase estreito e como moito podíase ir de dous en dous.


Unha vez pasado ese tramo comezo a ir rápido e marcar un bo ritmo, gañando posicións e quedándome perseguindo o grupo de cabeza, ao ver que estaba tan cerca de cabeza decido seguir tirando, intentando darlles caza. 

Tras o paso polo control do km 3,7, marco un tempo de 14:22 minutos que equivale a un ritmo de 3:53 min/km e ía situado no posto 10º polo que había que seguir tirando forte, xa que ía dentro do obxectivo.

Agora tocaba a parte máis dura e onde había que sacar as forzas, xa que había unha larga subida pero onde consigo acercarme aos dous corredores que tiña por diante e que consigo adiantar.
Como se di "todo o que sube, baixa", tras acabar de subir tocaba baixar e onde me din de conta que se me da mal, xa que o dous corredores que adiantara vólvenme a pasar e quédome detrás perseguíndoos.


Ao acabarse a baixada e xa metido na cabeza que tiña que dar todo o que me quedaba para mellorar o tempo, comezo a tirar moi forte e consigo gañar de novo esas dúas posicións.


Os últimos 300 metros polo camiño estreito xa vou mirando máis cara atrás que para adíante porque me vía sen forzas para intentar chegar ao corredor que levaba por diante e fun controlando de que non me alcanzasen. Cando encaro a meta vexo o crono e quedo máis que contento co tempo que ía marcar.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 8º de 234.
  • Posición categoría: 7º.
  • Tempo: 29:17 minutos.
  • Ritmo: 3:58 min/km.
Os obxectivos superados satisfactoriamente, xa que conseguín rebaixar o tempo en 1:02 minutos e facer a proba correndo por debaixo dos 4:00 min/km, ademais desfrutei moito correndo sobre todo o terreo conxelado, aínda que había algunha zona onde era fácil esvarar.

En canto a carreira, todo perfecto o único tal que xa dixen o ano pasado é o tema das duchas que a auga estaba a "temperatura ambiente" pero nada que non solucione o chocolate quente.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1.  Jose Canda Louzao ..................... 27:31
  2. Sergio Requeijo Requeijo ............ 27:53
  3. Pablo Vázquez González .............. 27:58
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Eva Iglesias Gonazález ................ 35:32
  2. Belén Rodríguez Vidal ................. 36:14
  3. Ana María López Cruz ................ 36:47
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Concello de Boborás, Tama MF, e Óscar Pinal para Diario La Región. Moitas Grazas!!! 👏

Tamén che pode gustar:

0 comments