Campionato Galego de 10K en ruta 2017 (Padrón)

Tras unha semana de descanso, tocaba volver con forza para desprazarse ata Padrón, onde se ía celebrar o Campionato Galego de 10 km en ruta nun circuíto de 5 km ao que teríamos que dar dúas voltas.

Os obxectivos serán: principalmente rebaixar a miña marca persoal na distancia que está en 36:55 minutos, se non se consigue, confórmome con baixar o tempo que teño nesta proba que de tres participacións consecutivas que levo (20142015 2016) a mellor marca é de 41:33 minutos, non sei que me pasa nesta proba pero sempre me sae unha mala marca. Por último intentar quedar no mellor posto posible para a clasificación por equipos.

Unha vez cheguei a Padrón e consigo aparcar, que non nada fácil, vou recoller o dorsal onde había unha gran cola para recollelo, con sorte onde o tiña que coller o meu só había 3 persoas e foi rápido.
Despois de recoller o dorsal xa vin que era hora de cambiarse e poñerse a quecer xa que antes aínda había que pasar pola cámara de chamadas polo que tras dar un par de voltas, vexo que se abre a cámara de chamadas e que se comezaba a formar unha cola polo que decido pasar o antes posible e despois seguir quecendo e menos mal que fago así porque senón non ía ter tempo para quecer xa que se formou unha gran cola que estivo ata que se deu a saída da proba.

As nubes estaban ameazando chuvia e cumpriuse o prognóstico, xa que uns minutos antes de comezar a carreira comezou a chover con forza e houbo que meterse a cuberto pero chegada a hora non había que facerlle e houbo que saír para colocarse na saída. Intento colocarme o máis adíante posible e a priori parecía que estaba ben colocado pero unha vez se dá a saída doume de conta que non e quedo nunha situación na que me é imposible correr, embotellado sen poder avanzar ao meu ritmo.


Fago sobre 1,5 km's sen poder correr ao meu ritmo, intentando avanzar con coidado xa que non había moito sitio por onde pasar, tiña que ir mirando para o chan xa que os moitos baches que había podían provocar algunha torcedura.
A partir de aí comezase a estirar moito o grupo e por fin podo empezar a recuperar postos e tempos. Pola miña cabeza pasa o mesmo que pensei na media de Pontevedra, na que por non poñer tempo tiven que saír atrás e ir recuperando seguido para despois rebentar e facer un mal tempo polo que aínda que vou recuperando tempo e posicións, vou con cabeza para que non me pase o mesmo.


Esta primeira volta consigo completala en 18:37 minutos que equivale un ritmo de 3:43 min/km, bastante ben para pasar 1,5 km's a un ritmo que non creo que se acerque moito a ese, polo que os 3,5 km's restantes os debín facer bastante máis rápidos.
Agora quedaban outros 5 km e intentar manter o ritmo, xa que de momento seguía gañando posicións e fisicamente ía bastante cómodo, sen molestias de ningún tipo.


Sigo tirando e notándome cada vez máis rápido pero sobre o km 7 aprox. comezo a notar o cansancio producido polo esforzo da primeira volta de intentar recuperar o terreo perdido na saída. Comecei a non dar gañado máis posicións e incluso a perder algunha pero as forzas xa ían xustas.


Cando encaramos a recta de meta polo adoquinado, comeza a xente que levaba por detrás a ir máis rápido e véxome obrigado a incrementar un pouco o ritmo para non perder moitos postos, aínda que decido non esprintar xa que non tiña forzas para iso e consigo completar a volta en 18:30 minutos que equivale un ritmo de 3:42 min/km, polo que a pesar de ir a menos nesta volta fágoa máis rápido que a primeira na que me atopei con bastantes tapóns.


O resultado final foi:
  • Posición xeral Popular: 157º de 1037.
  • Posición xeral Campionato: 125º de 492
  • Posición categoría Popular: 36º.
  • Posición categoría Campionato: 38º
  • Tempo oficial: 37:17 minutos
  • Tempo neto: 37:07 minutos
  • Ritmo 3:43 min/km
O obxectivo principal non o cumprín pero si os outros polo que cando crucei a meta e vin o tempo que por 22 segundos non conseguía rebaixar a marca fastidioume un pouco e quedei cun sabor agridoce, xa que tiven opcións de conseguilo, xa sexa por saír mellor ou apertar un pouco máis e seguro que o conseguía pero bueno, polo menos conseguín baixar o tempo que tiña nesta proba e encanto a clasificación por equipos estivemos cerca do podio, xa que acabamos en 4º posición.

A mellorar na carreira, a cámara de chamadas tería que abrir antes ou poñer algunha persoa máis para que non se formara tanta cola, máis caixóns de tempo e sen dar preferencia aos que estamos federados, habería que arranxar eses baches que eran perigosos e máis coa auga que caeu xa que quedaban escondidos e era perigoso e por último a saída con tanta xente tería que ser máis ancha que por sitio na zona non é, polo resto non teño queixa xa que non usei máis servizos. 

De todas formas, seguramente para o ano volva a participar e intentar rebaixar a miña marca xa que a proba e ideal para facelo.

🏆 Clasificación xeral da popular homes 🏆
  1. Manuel Penas Blanco ............... 30:30
  2. David Santos Dominguez ......... 30:35
  3. Manuel Hurtado Sanjurjo ......... 30:44
🏆 Clasificación xeral da popular mulleres 🏆
  1. Paula Mayobre González ......... 35:30
  2. Raquel Suárez Pedrosa ............. 36:08
  3. Rocio Alvite Ferreiro ............... 37:28
🏆 Clasificación xeral do campionato homes 🏆
  1. Manuel Penas Blanco ............... 30:30
  2. David Santos Dominguez ......... 30:35
  3. Manuel Hurtado Sanjurjo ......... 30:44

🏆 Clasificación xeral do campionato mulleres 🏆
  1. Paula Mayobre Gonzalez ......... 35:30
  2. Melina Alonso Aradas ............. 36:05
  3. Raquel Suárez Pedrosa ............ 36:08

Tamén che pode gustar:

0 comments