Campionato Galego de Cross Curto por Clubs 2017 (A Baña)

Desde hoxe xa son centenario do Pinarium, esta é a miña carreira nº 100 vestindo a camiseta verde e será correndo o Campionato Galego de Cross Curto por Clubs que este ano se celebra en A Baña sobre unha distancia de 4 km e dando 3 voltas ao circuíto creado.

Os obxectivos serán: axudar ao equipo xa que imos os xustos para puntuar (4 integrantes) e hai que quedar o mellor posible para sumar os menos puntos posibles, a parte intentarei desfrutar da proba xa que cos días que levamos é moi posible que haxa zonas con bastante barro.

Unha vez que chego a A Baña e consigo aparcar, tiven que esperar no coche porque se puxo a chover pero como ía con tempo non había problema para esperar a que escampara. 
Cando me atopo nas inmediacións do circuíto xa me da toda a pinta de que ía ser duro pero que non había tanto barro como pensaba.
Póñome a quecer a un ritmo un pouco alto pero é que estaba a ter frío e tiña que entrar en calor. Chegada a hora paso por cámara de chamadas e xa entramos no circuíto onde o caixón do equipo sería o número 1 na "pole position"!! 😁 Pensei que sería unha boa posición xa que tería que ir todo recto e logo xirar a esquerda pero o final ía estar equivocado. 
Antes de darse a saída sacamos a foto do equipo que ía pelexar pola mellor posición posible.


Dáse a saída e dende que se deu o pistoletazo xa noto que algo non vai ben, todos os corredores saen rapidísimo e eu intento seguilos pero cando se acaba a recta de saída e hai que xirar a esquerda quedo encerrado ao ir polo interior e sigo perdendo posicións.


Tras pasar a primeira curva, o grupo comeza a estirarse e comeza a ser máis fácil correr, aínda que nas curvas era complicado porque todos buscabamos o vértice para dar a curva o mellor posible.
Esta primeira volta fun examinando o circuíto e intentando gañar posicións pero que me estaba resultando complicado non me estaba atopando nada cómodo e o ritmo que tiña a carreira era moi duro.


Na segunda volta intento apertar un pouco e vou gañando algunha posición aínda que menos das que pensaba e xa ía rebentado, levando unha respiración máis axitada do normal pero había que seguir tirando que alí ninguén se relaxaba nada.


A última volta xa a fago con cero forzas nas pernas desexando chegar a meta e poder coller aire, iso si, aínda tiven algo de forza de sprintar ao final para conserva a posición na que me atopaba.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 119º de 194.
  • Posición por clubs: 14º de 28
  • Tempo: 15:32 minutos.
  • Ritmo: 3:53 min/km.
Os obxectivos máis ou menos, conseguimos ser 14º por equipos que está moi ben e aínda que axudei, sei que o meu rendemento non foi o que me esperaba, xa con malas sensacións dende que se deu a saída e sentindo as pernas todo o tempo moi cansadas. Tamén dicir que o circuíto que se fixo non me favorecía nada, xa que os continuos xiros, sube e baixa seguido e as zonas de barro en subida facían que fora un percorrido duro e explosivo para xente con moita forza nas pernas e cousa que a min me falta e que estou intentando mellorar pero en un mes non se da conseguido moita mellora.
Comparando co último cross curto que fixera en Friol, onde o terreo era máis propicio para correr mellorei o tempo 19 segundos pero non a posición polo que este ano o nivel tamén era máis alto.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Manuel Hurtado Sanjurjo ........... 12:32
  2. Antonio Serrat Seoane ................ 12:38
  3. Victor Riobo Villanueva ............. 12:54
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Ester Navarrete Santana ............. 14:32
  2. Camila Alonso Aradas ............... 14:43
  3. Sandra Mosquera Losada ........... 14:43
🏆 Clasificación clubs homes 🏆
  1. S.G. Pontevedra
  2. ADAS Proinor
  3. CA Santiago
🏆 Clasificación clubs mulleres 🏆
  1. ADAS Proinor
  2. Comesaña Sporting Club
  3. Club Atletismo Sar
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de RunPhotos Galicia e Koala36 Retratografía. Moitas grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments