PR-G 98 Canón do Sil - Santa Cristina

Hoxe foi un día distinto e que de vez en cando hai que facer, xa que non tocaba correr senón pasear e desfrutar das paisaxes que Galicia nos ofrece, descubrindo recunchos e gardando anécdotas que contar.

En Parada de Sil (Ourense), atópase a ruta de sendeirismo PR-G 98, homologada en agosto de 2008, unha ruta circular duns 19 km aprox. pero que se pode acortar se é preciso. Nós fixémola completa xa que unha vez alí haberá que ver todo o que nos ofrece a ruta.

A ruta comeza en Parada de Sil na Praza do Barquilleiro, alí atópase a sinal de comezo da ruta polo que unha vez preparados poñémonos a andar.



Aínda non transcorrido o primeiro km xa nos adentramos en camiños cubertos por carballos que co día que estaba a facer ben se agradecía a sombra.



Tamén apareceu un can pequeno que se nos puxo a perseguir, pensando que ao chegar a un punto daría volta e volvería para a casa pero íamos estar moi equivocados...


Chegamos a Sardela, onde no medio da praza teñen un gran lavadoiro e seguimos avanzando cara o seguinte punto, Entrambosríos onde practicamente se vai todo o tempo baixando.


Pero antes de chegar tivemos que facer un alto no camiño xa que a un dos integrantes lle estaba a picar algo no pé e houbo que sacalo... cousas que pasan, e mentres uns facían as curas outros ían polo camiño todo tranquilo sen sacar as mans dos petos a non ser para atender o móbil.



Continuamos ata chegar a Entrambosríos, onde se pode ver o castaño milenario (que non souben cal era) e os muíños que había que estaban restaurados.


Tras ver os muíños seguimos o camiño marcado polas balizas e marcas que estaban en todos os sitios, practicamente é imposible perderse.


Cruzamos o regato do Batán, no que a ponte que hai estaba despois do regato, supoño que farían a ponte e despois veu o rio... e continuamos baixando, seguindo o curso do Batán.


Comezamos a subir e a ver a luz do sol despois de estar a sombra dos carballos e castiñeiros para por fin, ver o rio Sil.


Comezamos a subir as viñas da Sapeira, unha zona vinícola na que me da para pensar, xa que recoller as uvas aí ten o seu traballo, entre o calor que fai en setembro e a pendente que teñen as plantación hai que estar moi ben fisicamente.



Seguimos subindo por un camiño zigzagueante e duro ata chegar a "Carrioza" en Fondodevila onde o terreo se volvía un pouco máis favorable aínda que seguíamos subindo, de paso poñémoslle un nome ao can e tras moito pensar e reflexionar poñémoslle Turín.


Tras saír da "Carrioza" chegamos ao pobo de Fondodevila onde fixemos unha parada nunha fonte para recargar auga e hidratarnos un pouco que ao can tamén tiña sede. 
En ese punto podes continuar coa ruta cara os Balcóns de Madrid e Santa Cristina ou volver cara Parada de Sil.


Continuamos o camiño pero xa buscando unha sombra onde parar a xantar e 1 km máis adiante atopamos un banco onde sentarnos para comer comodamente.
Mentres comíamos temos que cambiarlle de nome ao can xa que resultou ser femia e non macho... o novo nome sería Turina.


Acabamos de xantar e continuamos coa sorpresa que a 500 metros de onde nos estabamos comendo, había unha area recreativa onde se podía comer máis tranquilamente mentres nos comíamos no medio do monte as agachadas.
A uns metros da area recreativa atópanse dous miradoiros: o Curral do Penso e Os Balcóns dos Mouros ou de Madrid, a uns 400 metros sobre o Sil onde se pode observar perfectamente os Canóns do Sil e o Catamarán facendo a ruta polo rio.


Nestes miradoiros Turina pérdesenos xa que había máis cans e púxose a xogar con eles, mentres nos continuabamos o camiño.
A un metros dos Balcóns atópase o Foxo dos Lobos que se utilizaba na Idade Media como trampa para matar os lobos.


Continuamos a ruta e a uns 500 metros, regresa Turina ao galope. ¡¡Esta cadela non se perde!! Seguimos o camiño dirección Santa Cristina, percorrendo a ladeira do Canón do Sil onde volvemos a perder de vista a cadela.
Tras unha baixada zigzagueante, onde hai que ter moito coidado onde se pisa porque debaixo de tanta folla hai pedras soltas que poden provocar unha torcedura.


Despois de baixar comezamos a subir e para sorpresa a nosa volvémonos a atopar con Turina que se enganchara con un grupo de sendeiristas que tamén estaban a facer a ruta pero a cadela ao vernos continúa a súa viaxe con nos.

Chegamos a un cruce onde pódemos ir a dereita ata o Mosteiro de Santa Cristina, que está a uns 350 metros ou a esquerda continuando a ruta. Nos imos ata Santa Cristina onde tras unha pequena baixada nos sae o home que está alí cobrando para a súa entrada cando nos pregunta "¿Que facedes coa cadela por aquí?, ¿secuestrástela?, esta cadela é do pobo" e tras explicarlle o sucedido e rirnos, déixanos coller auga e entrar no mosteiro.





As aforas da igrexa hai unha especie de santuario onde a xente deixa pulseiras e colgantes a modo de ofrenda para que lle curen os males e os guíen polo bo sendeiro.


Continuamos a viaxa subindo un bo tramo sen Turina ata que de repente volve aparecer facéndolle compañía a unha familia pero desta vez a cadela segue con eles.

Pasamos o Castro onde hai un mirador pero tiñamos a información de que este se atopaba dentro do cámping que alí hai e como estaba pechado seguimos o camiño cara Chamoso, unha antiga aldea agora en ruínas.


Tras avanzar un km temos que abrir e cerrar un sofisticado portal para continuar polo sendeiro.


E tras continuar o camiño por fin vemos civilización e nos atopamos a casa do concello polo que a ruta chegaba ao seu fin.



Para cerrar a ruta cun bo sabor de boca, imos tomar algo indispensable unha vez que visitas a Ribeira Sacra, un bo viño branco pero antes de chegar ao bar, ¿A que non sabedes quen estaba no pobo esperando? Efectivamente, alí estaba xa a Turina toda contenta.


Tomando o viño e descansando un pouco da camiñata que nos metemos, descubrimos que para acceder ao mirardor que estaba no cámping, hai unha pista pegada a este que leva ata el sen ter que entrar no cámping, polo que decidimos volver para ver todo o que nos ofrece a ruta pero xa en coche que xa se empezaba a marchar o sol e se imos andando íamos chegar de noite.

Este mirador ten dúas pasarelas de madeira nas que poder observar os Canóns do Sil e incluso descansar un pouco nos bancos que alí hai observando a paisaxe e a 200 metros está o miradoiro A Pena da Cividade, dende o que eu me sentín máis seguro (¡as pasarelas movíanse máis da conta!).



E tras ver o solpor, regresamos ao coche para poñer rumbo a casa e deixar atrás esta magnífica ruta que nos levou facer entorno as 6 horas coas súas paradas para fotos, xantar e admirar a natureza e o seu entorno.


Datos técnicos:
  • Distancia: 19 km aprox.
  • Duración: 6 horas
  • Desnivel máximo: 420 metros 
  • Esforzo físico: Medio/Alto

Tamén che pode gustar:

0 comments