XIV Carreira Popular Concello de O Pino

Despois de correr onte en Oroso, hoxe tocaba desprazarse ata O Pedrouzo para disputar a XIV Carreira Popular Concello de O Pino sobre unha distancia de 8,1 km.

Os obxectivos serán:
  • Ver se recuperei ben da carreira do día anterior
  • Mellorar o tempo do 2014 que é de 30:59
Unha vez cheguei ao Pino fun recoller o dorsal mentres saudaba a compañeiros das carreiras e de vez en cando miraba cara o ceo xa que o prognóstico do tempo dera choiva pero de momento estaba aguantando.

Quedan 20 minutos, póñome a quecer un pouco pero xa me notaba canso da carreira de onte e as pernas cargadas ainda que esperaba que unha vez empezara a carreira pouco se notase. Tras rematar de quecer e antes de que se dera a saída tocou poñerse a cuberto xa que unha nube comezou a descargar choiva e granizo e houbo un cambio de temperatura moi forte.

Cando o speaker nos chama para a saída son poucos os que van xa que estaba caendo unha boa, cando fai o último aviso para a dar a saída é cando me dirixo a colocarme para saír aínda que moitos seguían a cuberto. De repente dáse a saída mentres por nos caía todo o granizo (nunca correra mentres caia granizo e non me quedaron máis ganas). Houbo xente que nin estaba colocada na saída xa que estaba a cuberto.
Desde o meu punto de vista creo que se deu a saída antes de tempo non creo que pasase nada por atrasar a saída 5 minutos porque foi o tempo que estivo caendo ese granizo. A partir de aí comezou a saír o sol e a subir as temperaturas de novo.


Os primeiros metros foron complicados xa que non vía ben coa que estaba caendo e tiña que poñer a man por diante para que o granizo non me dera na cara. Cando rematou a chuvia/granizo quedou unha sensación de frío moi forte, tanto que pasei sobre 2 km abrindo e cerrando a man para coller temperatura porque as tiña conxeladas, tanto que me empezaban a doer.
Estes dous primeiros km's perdín varias posicións e as pernas seguían sen responder como quería polo que cambio de estratexia e decido intentar apertar na segunda volta.



Cando comezo a segunda volta intento ir un pouco máis rápido e aínda que vou gañando algunha posición as pernas non ían e as sensación era de pesadez e cansancio polo que me volvo relaxar para apertar o último km e polo menos chegar todo o forte que dea.

Así foi, no último km comezo a ir máis rápido deixando atrás o grupo no que ía e gañando un par de posición para acabar o mellor que puiden. Hoxe non tiven o día e así se reflexa no resultado e nas sensacións que tiven en carreira.

O resultado final foi:
  • Posición xeral: 71º de 245.
  • Posición categoría: 12º
  • Tempo: 33:16
  • Ritmo: 4:06 min/km 
Os obxectivos non foron cumpridos xa que fixen 2'17'' máis que a última vez que fixen esta proba e as sensacións non foron nada boas pero hai que buscarlle a parte positiva e tomala como un adestramento máis de cara a próxima parada que será Valencia na Wings For Life World Run. 

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Rubén Diz Díaz ........................ 25:53
  2. David Santos Domínguez ........ 26:14
  3. Akka Essaadaoui ...................... 26:56
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Paula Mayobre González ......... 29:17
  2. Rocio Alvite Ferreiro ............... 30:02
  3. Raquel Suárez Pedrosa ............. 30:49
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía do Concello de O Pino. Moitas Gracias!!

Tamén che pode gustar:

0 comments