II Carreira Popular O Galo Corre

Toca correr a carreira 150 desde que estou neste mundillo e para iso desprázome ata Vila de Cruces onde se celebra a II Carreira Popular "O Galo Corre", sobre unha distancia de 7,3 km e que será a primeira vez que vou correr nesta proba.

Os obxectivos serían:
  • Intentar chegar ao podio, xa que non hai moita participación e é posible que este no grupo de cabeza.
  • Desfrutar da carreira
Unha vez chego a Cruces, vou recoller o dorsal mentres me atopo con compañeiros de carreiras. Mentres non chegaba a hora de poñerse a quecer, vou preguntando que tal era a carreira xa que non coñecía nada do percorrido, sacando a conclusión de que ía ser unha carreira algo dura con algunha que outra subida interesante pero nada que non teña xa corrido.

Tras realizar o quecemento, colócome adiante de todo para saír ben dende o comezo e intentar seguir o grupo de cabeza e despois de unha conta atrás, dáse a saída.


Manteño posición nos primeiros metros, mentres se ía formando o grupo de cabeza. Un dos corredores comeza a tirar forte, intentando facer unha escapada como se fora no ciclismo que fan as escapadas ao comezo da proba. Isto fixo que a saída fora máis rápido do que pensaba e pouco a pouco voume quedando atrás con outro grupo, intentando seguir ao escapado e ao grupo que se formara de tres corredores.


Metémonos por un camiño de terra, atravesando un monte e nese momento adiántolle ao corredor que fixera a escapada, polo que diante miña só quedaban 3 corredores, estaba as portas do podio xeral pero víaos lonxe, aínda así comezo a tirar forte intentando darlle caza ao seguinte corredor, a pesar de que o terreo era un continuo sube e baixa e con subidas máis duras do que me esperaba ao comezo.


Cando restan dous km's comezo a notarme canso e sen forza para tirar polo que comezo a controlar os corredores que viñan por detrás para conservar posición, a pesar dos ánimos de Ramón Silva (quen me meteu neste equipo) eu xa ía pedindo a hora e desexando chegar a meta. 

Encaramos a longa recta de meta e aperto todo o que dou para salvar posición e tras varias miradas cara atrás vexo que estaban lonxe e que non daban chegado polo que os últimos 50 metros comezo a relaxar e entrar máis tranquilo en meta.

O resultado final foi:
  • Posición xeral: 4º de 85.
  • Posición categoría: 1º 🏆
  • Tempo: 28:38 min.
  • Ritmo: 3:56 min/km

Os obxectivos cumpridos, consigo chegar ao podio quedando primeiro da miña categoría e facendo 2 podios consecutivos na mesma semana (o anterior na Carreira Virxe da Guia) e con grandes sensacións. Fíxoseme bastante dura a carreira con subidas máis pronunciadas do que esperaba pero logo viña a súa correspondente baixada para compensar. Carreira ben organizada e avituallamento completo unha mágoa a escasa participación na carreira dos grandes porque na dos pequenos xa había máis. 

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. José Canda Louzao ......................... 25:50
  2. Sergio Requeijo Requeijo ............... 26:47
  3. Adrián López Baltar ........................ 27:52
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Covadonga Vázquez Sánchez .......... 33:09
  2. Patricia Varela Santiso ..................... 35:03
  3. Maite Couto Mendoza ...................... 37:31
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de José Ramón Moire Silva. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments