IV Wings For Life World Run

Despois de que o ano pasado me inscribira e non puidese ir por unha lesión este ano por fin puiden asistir a esta carreira pero antes de comentar como foi a carreira, vou explicar brevemente o mecanismo desta proba.

A Wings For Life World Run é unha proba solidaria 100% onde os ingresos van destinados a investigación das lesións de medula espinal e que se disputa en máis de 25 localizacións a vez, saíndo todos a mesma hora e tras 30 minutos de carreira arrancara un coche, o catcher car, a unha velocidade constante de 15 km/h e que mentres non che adiante o coche podes seguir correndo, unha vez que te alcance a túa carreira haberá rematado, poñendo como exemplo Valencia:
  • 13:00 - Arranca a carreira.
  • 13:30 - Arranca o catcher car (Carlos Sainz ao volante) a unha velocidade de 15 km/h
  • 14:30 - O catcher car incrementa a velocidade a 16 km/h
  • 15:30 - O catcher car incrementa a velocidade a 17 km/h
  • 16:30 - O catcher car incrementa a velocidade a 20 km/h
  • 18:30 - O catcher car incrementa a velocidade a 35 km/h ata adiantar a todos os corredores.
Tras esta intro vamos cos obxectivos cos que fun a carreira: 
  • Desfrutar da carreira e do gran ambiente que espero que haxa.
  • Chegar ao km 30, para iso teño que ir a un ritmo de 4:52 min/km e facer un tempo de 2h26'. Se consigo esta distancia xa quedo contento, será o obxectivo principal.
  • Chegar ao km 42, para iso teño que ir a un ritmo de 4:28 min/km e facer un tempo de 3h08'. Se chego a facer a maratón sería perfecto e pensaríame correr unha homologada para ter un marca na distancia e preparala a conciencia.
Chego a Valencia o venres (tras 12 horas en coche sen durmir), aparte da carreira había que facer un pouco de turismo xa que é a primeira vez que estou nesta cidade. 
O venres recollo a camiseta coa que ía correr o domingo xa que me inscribín no equipo "Esforç Run" creado por Identitats Esportives e capitaneado por Gema Payá, Laura Jorge e Olga Brú.
O sábado foi o quenda de recoller o dorsal e a bolsa do corredor, bastante completa.
Xa o domingo día da carreira antes de colocarnos na saída houbo tempo para sacar a foto de equipo.


Tras a foto, só restaban uns minutos para dar a saída. Vou ao trote cara a saída para ir quecendo un pouco aínda que non facía moito falta co calor que estaba facendo, entorno a 24º. Colócome o máis adiante que podo para rápido marcar un ritmo constante e facer km's.
Dáse a saída e arranco con moita precaución xa que había moita xente e os primeiros metros eran complicados, tanto que Chema Martinez saíndo en primeira fila caeu...


Os primeiros metros tíñamos que dar un pequeno rodeo pola cidade das artes e as ciencias para despois volver cara atrás e encarar os Jardines del Turia, onde se comezou a estirar o pelotón de corredores e pouco a pouco empecei a marcar un ritmo rápido pero cómodo xa que preferín pecar de rápido e que non me collera o coche antes de tempo. 
Chegamos ao km 5 onde estaba o avituallamento e tiña pensado pasar do primeiro e comezar a beber no seguinte (cada 5 km aprox. había un avituallamento) pero coa calor que estaba facendo vinme obrigado a empezar antes para non deshidratarme pronto e refrescarme algo.


De momento sentíame moi ben tanto co ritmo como as sensacións que tiña a pesar da calor e fun adiantando a moita xente durante a ida dos Jardines del Turia.


Despois de deixar os Jardines en torno ao km 8, viñan uns 6 km ata volver a eles, neste tramo sobre o km 10 engancho con un grupo de 3 corredores onde decido quedar e aguantarlles o ritmo (moito máis rápido non podía ir se quería aguantar 30 km).
Na entrada de novo aos Jardines, km 14, comezo a tomar as gominolas e se cadra tomeina antes de tempo xa que esperaba que o avituallamento estivera no km 15 pero atrasouse e levaba a boca bastante seca tras tomala. 


Saímos dos Jardines no km 18 aprox., o voluntario que estaba alí dáme ánimos dicindo que levaba moi bo ritmo para facer moitos km's así que intento mantelo sen apertar máis e tiramos cara Mestalla onde hoxe xogaba o Valencia polo que calles cortadas e moito tráfico.
Tras a "aventura" de pasar sede coa anterior gominola, desta vez cambio a estratexia e decido tomala pasado o avituallamento xa coa auga na man pero agora o problema foi outro. Km 20 collo a botella de auga e encaro os 21 km polo que decido tomar outra gominola pero ao levar a botella na man custábame sacala do envoltorio e pasei sobre 500 metros intentándoa abrir, así que esta técnica tampouco funcionou pero serviume para desconectar da carreira un pouco e entreterme con algo.

Dende que saímos dos Jardines tivemos que "esquivar" o tráfico e houbo algún momento no que non sabía cara onde tirar, xa que íamos correndo pola estrada e os coches pasaban igual ao teu lado, a verdade é que pasei algo de medo nesa zona xa que non vía os coches chegar por detrás...

No km 24,5 aprox. collemos unha pista de terra onde tiña que tomar outra gominola pero non a tomo porque nese avituallamento tamén me ofrecen sólido e cólloo, eran unha galletas, non sei de que pero sentáronme ben, aínda que correr e comer foi complicado e tiven que baixar o ritmo mentres comía.

No km 27 deixando o camiño de terra vexo como xa estaba o coche a 3 km de min polo que me centro sabendo que aínda tiña que facer 3 km máis para chegar ao meu obxectivo, o problema e que as pernas xa ían no límite de forzas e pouco máis rápido daba ido. Saco forzas de onde non as había e volvo a gañar algún posto, na miña cabeza só estaba chegar ao km 30, cada certo tempo miraba para atrás para comprobar distancia pero non vía o coche.

Paso o 29 onde había xente parada, xa que estaba aí un dos buses que te regresaba a saída, xa só faltaba un km pero que largo se me fixo chegar... non vía o sinal dos 30 km por ningún lado ata que me fixo que nun dos laterais do camiño pegado a alambrada estaba o cartel do km 30 e tras pasar reláxome totalmente, miro cara atrás e o coche aínda non viña. 
Obxectivo cumprido agora a correr e a andar ata que me alcance e non sei se cando me poñía a correr ía moi rápido ou o coche viña moi despacio porque aínda tardou 2,31 km en pasarme. Neste último tramo adiantoume moita xente e algún dos integrantes do equipo que me deu ánimos a seguir pero as miñas pernas estaban en reserva e xa non podían máis. 

O peor foi volver no bus, debido ao esforzo físico e a calor estiven apiques de que me baixara a tensión ou algo así porque empecei a ter moito calor e a marearme algo pero unha vez baixei do bus e comecei a beber e a comer algo xa me puxen mellor e a pensar na seguinte carreira.


O resultado final foi:
  • Distancia: 32,31 Km.
  • Posición xeral Valencia: 106º de 1217.
  • Posición categoría Valencia: 11º.
  • Posición xeral global: 3169º de 101022.
  • Posición categoría global: 499º.
  • Tempo: 2:33:00 aprox.
  • Ritmo: 4:46 min/km
Os obxectivos cumpridos, desfrutei moito deste formato de carreira, a pesar de que houbo algún erro na organización co tema do tráfico e cos autobuses de regreso polo resto eu non teño queixa e estou desexando volver a correr o ano que ven esta proba e intentar chegar ao km 42.

(Actualizado) Tras mandar un correo a organización porque non saía na clasificación do equipo, xa teño a resposta e xa estou incluído, sumando así os meus km's en Esforç Run. Ao final conseguimos facer o posto 121º no ranking global con 556 km, sendo o 4º integrante do equipo na suma de km's.

Ademais poder compartir km's con xente como Chema Martinez, Valenti Sanjuan, Mario Mola, Gema Payá, Víctor Tasende, Mariam Hernández, Kira Miro, Miriam García, AlexiaAndreu Lacondeguy, Cristina MitreLeire Fernández... fai desta proba un evento único.
Tamén agradecer a voluntarios, público, compañeiros de equipo e a algunha da xente que ía nos coches polos ánimos a seguir correndo

🏆 Clasificación xeral homes Valencia 🏆
  1. Chema Martínez ................. 66,25 Km
  2. Jose A. Requejo Santos ...... 66,25 Km
  3. Brendan Medeiros .............. 62, 97 Km
🏆 Clasificación xeral mulleres Valencia 🏆
  1. Betinha Pereira ................... 49,35 Km
  2. Joana Coll Nicolau ............. 39,65 Km
  3. Paula Quintela .................... 37,93 Km
🏆 Clasificación xeral homes Global 🏆
  1. Aron Anderson ................... 92,14 Km
  2. Bartosz Olszewski .............. 88,24 Km
  3. Lemawork Ketema ............. 87,16 Km
🏆 Clasificación xeral mulleres Global 🏆
  1. Dominika Stelmach ............ 68,21 Km
  2. Cornelia Moser ................... 62,18 Km
  3. Vera Nunes .......................... 62,17 Km
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Running CV e TuriaLife. Moitas gracias!!

Tamén che pode gustar:

0 comments