IX Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

Despois de correr onte a Carreira do Demo en Artes, tocou desprazarse ata A Pobra do Caramiñal para disputar a primeira proba do Circuíto de Carreiras Arousa Norte, a IX Carreira Popular da Pobra, sobre unha distancia de 7,8 Km pero sabendo que non é a distancia real xa que sempre deu 7,2 Km.

Os obxectivos serían:
  • Mellorar o tempo acadado no 2015 que é de 26:13 min.
  • Conseguir un bo posto para ver que se pode facer de cara a clasificación do circuíto.
Unha vez que cheguei a A Pobra do Caramiñal, fun recoller o dorsal e ver a carreira das categorías inferiores xa que ían con un atraso de 15 min. e tiña tempo de sobra. Chegado o momento, cambieime e púxenme a quecer. As sensacións non eran boas e é que me estaba doendo todo, as pernas non recuperaran ben da carreira do día anterior pero agora era tarde para botarse atrás.

Coloqueime nunha zona media para a saída xa que tiña medo de non aguantar tirando ata o final e prefería facer unha carreira de menos a máis.


Tras darse a saída, fago unha das peores saídas que recordo e é que non conseguía avanzar por ningún lado e tiña que esperar a que se comezase a estirar o "pelotón" para poder coller ritmo. Aos 200/300 metros comecei a poder correr e a gañar posicións, ademais as pernas parecían que estaban respondendo ben, sen apenas molestias.


Segundo ían pasando os km's seguía gañando posicións e sentíndome máis cómodo, sobre todo na primeira das voltas. O pouco que recuperei da carreira do día anterior debino queimar nesa volta, por que a segunda xa se me fixo moi longa.


A segunda volta practicamente fun desexando rematar, ata pasei por debaixo do aspersor que tiña unha veciña para refrescarnos a ver se así recuperaba un pouco pero nada. Aínda así conseguín gañar un par de posicións, tamén perdín unha na última recta pero eu xa non tiña forzas para máis e non puiden nin intentar pelexar a posición.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 28º de 183.
  • Posición categoría: 5º
  • Tempo: 25:58 min.
  • Ritmo: 3:19 min/km
Os obxectivos a pesar de que o pasei regular pola mala saída e o cansancio que tiña encima, conseguín mellorar o tempo do 2015 en 15 seg. algo que non contaba ao principio de carreira polo que moi ben. O ritmo acadado, non é o real xa que o percorrido ten uns 7,2 km e non 7,8 km. En canto ao resultado polas miñas contas, na clasificación do circuíto vou 7º da xeral polo que o vou ter complicado chegar aos tres primeiros postos.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. David Santos Domínguez .................. 22:20
  2. Akka Essaadaoui ................................ 22:45
  3. Elías Domínguez Cabral .................... 22:49
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Mª Yolanda Gutiérrez Robles ............. 25:20
  2. Paula Mayobre González .................... 25:29
  3. Sofía Freaza Otero .............................. 26:25
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de A Pobra Deportes . Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments