Campionato Galego de Media Maratón 2017 (Ribeira)

Tocaba cumprir un ano máis neste mundo das carreiras e xa van 4. Debería ir a proba que me veu nacer a Carreira de Gundián, pero este ano coincide co Campionato Galego de Media Maratón e houbo que desprazarse ata Ribeira onde se celebraba este ano.

Os obxectivos serían:
  • Intentar mellorar a miña marca na distancia que dende o 2015 é de 1:20:54.
  • Intentar axudar ao equipo para a clasificación por clubs, aínda que puntúan os 3 primeiros e non sei se chegarei a estar entre eles.
Unha vez que cheguei a Ribeira e conseguín aparcar, vou recoller o dorsal. Polo camiño xa me atopei cos compañeiros de equipo onde recibo a licencia de atletismo desta tempada o caso é que esta é a última proba federada... 
Tras recoller o dorsal, acabei de cambiarme e collín o bus que nos levaría a saída da carreira que estaba no porto de Aguiño. Alí antes de poñernos a quecer, fixemos a foto de equipo e pasei pola cámara de chamadas.


Tras a foto, xa podía poñerme a quecer, un pouco de trote e listo. A falta de 5 minutos para o comezo coloqueime na saída, nunha zona media, xa habería tempo de recuperar.
Deuse a saída e arranquei ben, perdendo posicións que rápido ía recuperar ao estirarse o grupo.


Comecei a mirar o reloxo para ver que ía ao ritmo que me propuxera, xa que para conseguir o tempo que quería tiña que ir a un ritmo por debaixo de 3:48 min/km e así o primeiro km cravo ese ritmo polo que ben, agora sería manterme así.

Conseguín meterme nun grupo que ía co obxectivo de 1:20:00 polo que intento manterme aí, o problema foron as miñas ganas de mellorar xa que chegando a Ribeira, comecei a tirar máis forte índome a ritmos de 3:40 min/km e incluso algún km menos pero realmente sentíame moi cómodo. Cheguei a Ribeira e fixen o primeiro dos pasos por meta sobre o km 6,5, nun grupo que alcancei metros antes de meta. 

Foto: RunPhotos Galicia
No paso polo km 10 marco un tempo de 37:20 min que equivale un rimo de 3:44 min/km, aguantando a ese ritmo iríame a unha marca de 1:18:46 polo que estaba moi ben. Decidín manter o ritmo xa que ía enganchado a Javi, compañeiro de equipo que tamén buscaba baixar de 1:20:00. 


Continuamos dando a primeira das dúas voltas que había que dar a Ribeira e sorpresa, o percorrido non era tan llano como se dicía e é que as costas da rúa peonil rompíanche o ritmo completamente e facía que fora un percorrido duro e xa non tan apto para buscar marca. Aínda así completei a primeira volta e o segundo paso pola liña de meta xa no km 14 aprox. mentres ía gañando postos e co compañeiro de equipo. As sensacións seguían sendo boas aínda que xa comezaba a notar algo de cansancio.

Foto: RunPhotos Galicia
Todo cambiou no km 15, non sei o que fixen se foi unha mala pisada ou o sobre esforzo pero a partir de aí o xemelgo dereito dixo basta e tiven que comezar a rodar máis o xeito para poder continuar en carreira e que non me dera un tirón. Practicamente fixen o que quedaba de carreira coxeando e intentando facer máis forza na outra perna para non perder moito tempo xa que ata ese km estaba para chegar en 1:19:00. Foron 6 km's eternos no que ía mirando o reloxo seguido, vendo como non era capaz de correr aos ritmos de antes e como o ritmo medio comezaba a subir e a escapárseme o obxectivo. 

A falta de uns metros para chegar a meta vín como o tempo obxectivo xa non ía ser posible aínda así apertei na recta de meta para non perder ningún posto máis e chego a meta frustrado.

Foto: RunPhotos Galicia
O resultado final sería:
  • Posición xeral: 47º de 343
  • Posición categoría: 13º
  • Tempo: 1:21:06
  • Ritmo: 3:51 min/km
  • Clasificación por equipos: 5º de 20.
Os obxectivos non os din cumprido xa que non conseguín mellorar o tempo nin axudar ao equipo sendo o cuarto integrante en puntuar e só puntuaban tres. Quédome coas boas sensacións que tiven ata que o xemelgo dixo basta xa que sei que se non fora por iso, houbese conseguido mellorar o tempo. Agora a pensar no seguinte intento a Media Maratón de Pontevedra.


En canto a carreira, boa organización e moi bo avituallamento final o que menos me gustou foi o percorrido xa que esperaba que unha vez se chegara a Ribeira fora rápido e non tivera pendentes nin tantos cambios de sentido así como xa contaba coas pendentes que hai de Aguiño a Ribeira. Media Maratón máis para desfrutar que para intentar buscar un marca porque acabase facendo bastante dura.

Clasificación xeral homes
  1. Pedro Nimo del Oro ............................ 1:09:20
  2. Manuel Hurtado Sanjurjo ................... 1:11:10
  3. Elías Domínguez Cabral ...................... 1:11:20
Clasificación xeral mulleres
  1. María Manuela Mayo Caamaño ......... 1:22:34
  2. Sofía Freaza Otero ............................... 1:22:56
  3. Mónica Granero Otero ......................... 1:25:18 
Pd: Clasificación completa. Fotos cortesía de RunPhotos Galicia. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments