VI CorreSan - Nocturna Cidade Vella

Este ano volvo a participar no Circuíto de Carreira CorreSan de Santiago de Compostela que reúne catro probas. A primeira delas sería esta, a Nocturna Cidade Vella que transcorrería pola zona vella de Santiago e pola Alameda, dando dúas voltas ata completar a distancia de 5,5 Km.

Os obxectivos serían:
  • Mellorar o tempo do ano pasado que é de 20:37 min.
  • Quedar na mellor posición posible para ver que opcións teño de cara a clasificación do circuíto.
Cheguei a Santiago as 18:00 h, a carreira non era ata as 22:30 h pero tiña que recoller o dorsal antes no Corte Inglés. Tras recollelo e como tiña moito tempo púxenme a dar voltas por Santiago mentres buscaba un sitio onde tomar un té. Cando faltaba unha hora para o comezo da proba, funme cambiar e comezar a quecer un pouco ata que vin que os corredores xa se comezaban a colocar para ir para a saída e xa fun tamén xa que nesta proba ou saes diante ou é moi complicado gañar postos ata chegar a alameda.

Coloqueime adiante, máis ou menos coa xente que corre ao mesmo ritmo e a esperar que se dera a saída.


Deuse a saída e como non, arranco mal, con moita precaución mentres ía perdendo bastantes postos. Comezo a recuperalos 300 metros despois, na Rúa do Vilar aínda que pouco a pouco xa que ao ser unha carreira "corta" a xente sae rápido dende o comezo. Eu comecei a marcar un ritmo constante aínda que cando miraba o reloxo, os ritmos non eran os que me esperaba.

Fago a primeira volta en 10:08 min que equivale un ritmo de 3:41 min/km e cada vez ía sentíndome máis cómodo a pesar de notar pesadez nas pernas e de que xa non daba ido máis rápido. Con igualar o tempo da primeira volta xa me valería para mellorar o tempo do ano pasado polo que decidín seguir tirando forte ademais tiña que seguir gañando postos para a clasificación do circuíto.

Foto: RunPhotos Galicia
Na segunda volta din todo o que me quedaba nas pernas e seguín gañando postos aínda que cada vez menos, xa non conseguía acercarme aos corredores que levaba por diante.

Foto: Club Tartarugas
Tras o último xiro, encarei a recta de meta con dous corredores que comezaron a sprintar, eu intentei seguilos pero sabía que non eran da miña categoría e desisto. Comecei a pensar en que maña había que correr de novo e non ía gañar nada sprintando polo que tras mirar cara atrás e ver que non viña ninguén, cheguei a meta relaxado e mirando o crono para comprobar o tempo. 
Finalmente esta última volta fíxena en 9:57 min, mellor que na primeira volta e nun ritmo de 3:37 min/km.

Foto: RunPhotos Galicia
O resultado final foi:
  • Posición xeral: 37º de 481.
  • Posición categoría: 14º.
  • Tempo: 20:05 min.
  • Ritmo: 3:39 min/km.
Os obxectivos cumprido, conseguín mellorar o tempo do ano pasado a pesar de deixarme levar os últimos 150 metros polo que podía ser un pouco mellor. En canto a posición segundo as miñas contas vai estar moi complicado facer algo xa que vou sobre o 9º da categoría e non creo que sexa capaz de mellorar moito máis pero haberá que intentalo a ver ata onde dou chegado.

En canto a carreira coma sempre, proba única percorrendo a zona vella que de noite ten o seu encanto e con moita xente animando polas calles agás na zona da alameda. A subida para a rúa do Preguntoiro na primeira volta moi ben pero na segunda volta faise eterna e notas o cansancio nas pernas por sorte unha vez arriba xa é todo baixar ata meta. 

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Pedro Nimo del Oro ................... 17:46
  2. Miguel Penedo Taboada ............. 17:53
  3. Cristian Muiño Varela ................ 17:57
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Raquel Suarez Pedrosa ............... 20:41
  2. María Carmen Penas Blanco ...... 21:56
  3. Mónica Álvarez Alonso .............. 22:32
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de RunPhotos Galicia e Club Tartarugas. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments