XL Carreira Pedestre de Santiago

Tras a decepción de non conseguir mellorar o tempo na Media Maratón de Pontevedra e pasar toda a semana con molestias e cunha gripe. Ata o último momento non decidín se este ano tocaba ou non participar nunha das carreiras míticas de Galicia a Carreira Pedestre de Santiago. 
Unha vez que me levantei para ver o mundial de Moto GP, decidín asistir a carreira pero en plan adestramento, un trote para recuperar sensacións.

O obxectivo sería:
  • Unicamente o de desfrutar da proba, xa que sempre fun a mellorar o tempo e este ano non lle vai tocar.
Unha vez cheguei a Santiago, dirixinme a zona da saída xa que cheguei co tempo xusto para aparcar, ir quecendo polo camiño e colocarme na liña de saída.
Mentres esperaba a que dera comezo a proba, decidín ir a un ritmo entorno a 4 min/km, un ritmo que non fose moi forte pero tampouco ir de paseo.

Deuse comezo a proba e arranquei tranquilo sabendo que hoxe non era día de correr forte. Empecei a perder moitos postos, quizais debería haber saído un pouco máis atrás pero bueno, non creo que molestase moito xa que ía por un lado intentando manter un ritmo constante.


Tras pasar o primeiro km, miro o reloxo e vexo que marca un ritmo de 4:22 min/km, máis lento do que me esperaba pero coincidía coa saída en aglomeración e coa subida de Xoán XXIII polo que ía ben. Os seguintes km's xa foron a un ritmo medio de 3:50 min/km, ritmo máis rápido do que tiña pensado pero ía cómodo rodando así. Tiven que ir controlándome bastante porque o corpo pedíame ir máis rápido pero sabía que se facía iso ía acabar lesionado e moi mal.

Ao paso polo punto de control situado en Galeras, entorno ao km 7,5, marco un tempo de 30:04 min que equivale un ritmo de 4:03 min/km, dentro do que me propuxera polo que sigo uns 2 km's máis ata a chegaba a "temida" subida a Vite (km 9,5 aprox.). 

Decido facer un cambio de ritmo para saber como me atopaba e unha vez comezamos a subir comezo a tirar. Empecei a gañar moitos postos e animicamente ía moi forte vendo como ía subindo, tamén se pode dicir que practicamente ía "fresco" sen moito cansancio de antes. Acabei de subir Vite e noto como me empeza a faltar aire o esforzo foi grande e por mor da gripe os pulmóns non estaban ao 100% polo que recupero un pouco o alento para facer un último cambio de ritmo e xusto cando nos adentramos na zona vella de Santiago comecei novamente a tirar forte.


Durante ese ultimo treito da zona vella, sentíame como se fose voando, entre as ganas que tiña de correr rápido e os ánimos que daba a xente, foi espectacular. Fun todo o tramo da zona vella recuperando postos sen que ninguén fose capaz de seguirme, marcando ritmos entre 3:15 a 3:30 e sentíndome moi cómodo para chegar a meta satisfeito co resultado. 


O resultado final foi:
  • Clasificación xeral: 262º de 2988.
  • Clasificación categoría: 37º.
  • Tempo: 47:31 min.
  • Ritmo: 3:58 min/km

O obxectivo cumprido, xa que desfrutei moito da proba aínda que o comezo ao ir tranquilo e ver como perdía postos seguido non me gustou, cando cambiei de ritmo sentinme moi cómodo e recuperando bastantes postos sen apenas molestias. Para o 2018 espero chegar en mellor estado de forma e poder baixar o tempo que marquei no 2015 de 45:19 minutos.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Nuno Costa ................................ 37:02
  2. David Santos Domínguez ......... 37:15
  3. Paulo Barbosa ............................ 37:37
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Joselyn Brea Abreu ..................... 42:18
  2. Marta Casanova Vázquez ........... 42:24
  3. Leticia Fernáncez Barbosa ......... 43:20
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: El Correo Gallego, Javier L. e RunPhotos Galicia. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments