IV Carreira Romaría Vikinga 10K

Creo que esta é a única das probas as que levo asistindo a todas as súas edicións e este ano non ía ser menos, polo que aí estarei na IV Carreira Romaría Vikinga 10K de Catoira que tras suspenderse polo temporal "Ana", fixo que se cambiara de fecha para o día de Noiteboa e así correr para facerlle sitio a cea.

Os obxectivos serían:
  • Mellorar o tempo que teño nesta proba conseguida no 2016 que é de 38:00 min.
  • Revalidar ou mellorar a terceira posición da categoría conseguida tamén no 2016.
Cando cheguei, fun recoller o dorsal e o agasallo, este ano unha mochila con zapateiro que creo que daban aos 300 primeiros inscritos. Tras facer un pouco de tempo vendo as carreiras das categorías inferiores, acabo de cambiarme para poñerme a quentar. Estaba facendo bastante frío polo que había que quentar ben.
Chegado o momento colócome na liña de saída, na parte de adiante xa que ía intentar saír ben e facer unha carreira como a da semana pasada na Sin-Son10K. Ao son do corno vikingo que este ano foi tocado por Sergio Álvarez, porteiro do RC Celta de Vigo e natural de Catoira, da comezo a proba.

Foto: Difusión ProSport
Arranquei con algún que outro atranco pero rapidamente comezo a marcar o meu ritmo e a gañar posicións, dándome a sensación de que estaba rodando rápido pero tras pasar polo primeiro km miro o reloxo e vexo que o ritmo non era o esperado, marco 3:51 min/km, ai que dicir que predominaban as costas arriba.

Foto: Club Tartarugas
Xa se sabe que se sobes logo toca baixar e poñemos rumbo a meta para completar o km 2 practicamente todo baixando e xa comecei a entrar en calor e a sentirme máis cómodo, tan cómodo que xa marco un ritmo de 3:23 min/km, ritmo que non ía dar aguantado toda a proba porque sabía que esta proba é dura e rompe-pernas.


Sigo tirando forte e gañando posicións ata entorno ao km 3 no que vexo que pouco a pouco é máis complicado alcanzar corredores. Por detrás xa tiña unha boa marxe polo que tocou conservar e xa estabamos dentro do duro da carreira, un continuo sube e baixa no que pouco tempo tiñas para recuperar.

Pasamos polo avituallamento intermedio situado en torno ao km 5,5 onde me din 'ho-ho-ho vamos Papa Noel' e me animan a seguir tirando e un pouco máis adiante un señora berroume 'vamos Papa Noel, ese é o espírito'. Ir 'dando a nota' co gorro de Mamá Noel facíame ser o centro de atención.

En torno ao km 7,5 onde na primeira edición me equivocara de camiño, este ano tiñamos unha sorpresa e é que tiñamos un par de vikingos esperando por nos para asustarnos. Foi divertido o detalle algo que aínda lle dá máis valor a carreira e onde se pode ver que a organización está en todo e preparando sorpresas ano tras ano.

Foto: Difusión ProSport
Tras a sorpresa quedaba a 'peor' parte e é que tiñamos que ir ata as Torres de Oeste, para chegar a elas había que facer unha forte baixada e logo volver polo mesmo camiño polo que había que subir. Este ano leveina mellor que o ano pasado onde cheguei fundido e puiden subir ben a pesar de que o corredor que viña detrás miña subía mellor e xa mo dixera un km antes que tiña que adestrar costas e terei que tomarlle a palabra.

Despois de subir xa so quedaba unha pequena pendente na que si noto o esforzo de toda a carreira e aínda que ía intentando coller a outro corredor non son capaz e desisto do intento para manter posición. 

Foto: Club Tartarugas
Nos últimos metros, vou chocándolle a man aos rapaces e recibindo ánimos de toda a xente por levar o gorro de Mamá Noel e chego a meta onde nos esperaban dous vikingos coa espada en alto. 

Foto: Difusión ProSport
O resultado final foi:
  • Posición xeral: 23º de 417.
  • Posición categoría: 7º.
  • Tempo: 37:16 min.
  • Ritmo: 3:43 min/km.
Os obxectivos cumpridos. Seguimos coas boas sensacións e co bo rendemento xa que conseguín mellorar o tempo do ano pasado en 44 seg. e rematando bastante ben. Faltoume o que me comentou o outro corredor en carreira de adestrar costas para mellorar na subida xa que notei que non subía moi ben. Algo que tampouco din conseguido foi revalidar a terceira posición da categoría a pesar de mellorar o tempo polo que este ano houbo máis nivel de corredores pero bueno non é algo que me preocupe e pouco a pouco parece que estou mellorando e indo máis rápido.

En canto a carreira como todas as edición perfecta e ano tras ano, metendo algunha novidade para facer unha carreira única e na que non tes tempo aburrirte e ir desfrutando dela. 

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Nuno Costa ........................... 31:53
  2. Pablo García García Paz ..... 32:23
  3. Amadeo Abal Chaves ........... 33:20
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Edymar Brea ......................... 39:17
  2. Karina Pasarín Mon ............. 43:01
  3. Laura Núñez Naveira .......... 44:20
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Difusión ProSport para Romaría Vikinga 10K e Club Tartarugas. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments