V San Silvestre Compostelana

Como manda a tradición no mundo do corredor, toca despedir o ano participando nalgunha San Silvestre. Este ano ao estar anotado no circuíto CorreSan de Santiago de Compostela, xa pagabas tamén pola V San Silvestre Compostelana que mantiña o percorrido do ano anterior duns 5,5 Km.

Os obxectivos serían:
  • Unicamente desfrutar, a diferenza co ano pasado onde fun a competir disfrazado de Mamá Noel, este ano só irei disfrazado e a rodar un pouco pasando ben cos amigos. 
Unha vez chegamos a Santiago, cambiámonos para poñer o disfraz e rapidamente fomos cara a Praza do Obradoiro, lugar da saída e da meta. Alí sacamos a foto de equipo antes de dirixirnos a zona traseira para deixar que os que quixesen correr rápido o puidesen facer.


Fomos tanto para atrás practicamente fomos os últimos en cruzar a meta, perseguidos por uns frailes. Nunca tardara tanto en cruzar a saída, dous minutos e medio andando ata poder comezar a correr un pouco aínda que era complicado pola cantidade de xente que había. Pouco a pouco se ía estirando todo e puidemos comezar a gañar postos. Mentres íamos botando uns contos e vendo como toda a xente lle dicía aos rapaces pequenos: "mira aí vienen los renos de Papá Noel".

Fomos todo o tempo xuntos ata metade da proba, tras pasar pasar pola Alameda sobre o km 3, un dos renos, Marcos Otero, aumenta o ritmo sen saber o motivo, posiblemente tiña ganas de ir comer as uvas... Mentres eu sigo acompañando ao outro reno, Pablo Cerdeira, que lle estaba custando máis.

Así seguimos dirección a zona vella onde unha gran cantidade de público nos seguía animando. Mentres lle seguía facendo a labor de 'lebre' a Pablo dicíndolle cando lle faltaba para chegar.

Sorprendentemente a falta de 100 metros para chegar a meta, o reno Pablo aumenta de ritmo para poder dicir que me gañou. A miña idea era chegar os tres xuntos pero finalmente cada un a súa bola.

O resultado final foi:
  • Posición xeral: 943º de 1653.
  • Posición categoría: 663º.
  • Tempo: 34:53 min.
  • Ritmo: 6:21 min/km
Os obxectivos cumpridos, paseino moi ben e foron moitas as risas que botamos mentres íamos 'correndo'. Comparando co tempo do ano pasado onde fun a competir, tardei uns 14:05 min. máis e case fago un tempo para un 10K, nin en adestramentos vou tan despacio pero hoxe era un día para pasalo ben e esquecerse do tempo.

En canto a carreira moi ben, este ano separaron por caixóns para quen quixese correr o puidese facer máis fácil o que notei en falta foron o tema das duchas que creo que non había porque non vin nada publicado e se había non me enterei.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Andrés Cendan Llorens ....... 17:49
  2. Diego Barreiro Carneiro ..... 18:01
  3. Luís del Río Pena .................. 18:11
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Raquel Suárez Pedrosa ........ 20:29
  2. Esther Pedrosa ...................... 20:45
  3. Inés Castaño García .............. 21:00

Tamén che pode gustar:

0 comments